CRECENTE

O noso centro está situado no concello de Crecente, nunha

comarca chamada A Paradanta. Este concello está formado por

pequenas parroquias como Albeos, Angudes, Filgueira, Freixo,

Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle, Vilar, Crecente e

Ameixeira. Algunhas delas están pegadiñas ao río Miño, de

maneira que moitos nenos e nenas poden ver e escoitar o río

dende as súas casas.

jueves, 2 de junio de 2011

Menuda montamos este ano polo día da Paz!!!! Cancións, poemas, murais, globos,.... Todo vale para celebrar este día tan importante, que nesta ocasión adicamos á loita contra todo tipo de maltrato (físico e psicolóxico) en tódolos ámbitos (fogar, escola, traballo, aos animais) Como dixo alguén fai tempo: VIVE E DEIXA VIVIR
Un manifesto feito polos rapaces e rapazas de 6º, un tema de Amaral (Salir corriendo), unha estampida de globos con mensaxes alusivos á paz, e coa dirección deste blog para recibir resposta, son as actividades plantexadas nesta xornada, baixo a cuberta dun gran arco da vella plasmado nun mural, onde cada cor representa un tipo de maltrato que hai que atallar.


Deixámosvos a poesía-manifesto que limos durante o acto e algunha fotos do mesmo:

                     SETE CORES COMA SETE DÍAS,  SETE MARES

No mundo do maltrato
poñamos o Arco da Vella
que firme un contrato
que brile coma unha estrela
repartindo paz no mundo
con gran amor profundo.


Sete son as  súas cores                                                      
coma sete os días da semana                                                 
para repartir mil amores
entre todos de moi boa gaña





Representamos co violeta
o maltrato aos animais
respectalos e a nosa meta
queirámolos sen máis.


A seguinte cor e o añil
a cor suave do ceo
representa o maltrato infantil
hai que paralo de cheo

Azul é a cor seguinte
respectemos a discapacidade
e preciso e convinte
para unha plena igualdade.


non maltrates á natureza
é fraxil coma unha flor                                                    
trátaa con delicadeza.

Outra cor é o amarelo
respecta as diferenzas
das distintas cores de pel e cabelo
respecta as razas a conciencia

No mundo hai moitas relixións
pintaas todas de laranxa
que entre todas haxa unión
e así outro mal se arranxa

Fagamos stop coa cor vermella
a outro tipo de maltrato
dase dentro das parellas
non lle fagas pasar un mal rato

                                                 Sete son as cores
                                   como sete son os mares
                                   Que a pomba reparta flores
                                   por todos os lugares








lástima de poste da luz



No hay comentarios:

Publicar un comentario