E é que temos unha boa panda de "cavernícolas" (no mellor sentido da palabra) no cole de Crecente, dispostos a competir cos pintores das covas de Altamira. Animais do paleolítico, símbolos máis vellos que o propio Matusalen,...; estes artístas non teñen límite. Achégate ao cole e poderás viaxar atrás no tempo, a unha época na que os homes e mulleres vivían en cavernas, tiñan que cazar e recolectar froitos para sobrevivir e, por enriba de todo, todavía podían... PINTAR NAS PAREDES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario