CRECENTE

O noso centro está situado no concello de Crecente, nunha

comarca chamada A Paradanta. Este concello está formado por

pequenas parroquias como Albeos, Angudes, Filgueira, Freixo,

Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle, Vilar, Crecente e

Ameixeira. Algunhas delas están pegadiñas ao río Miño, de

maneira que moitos nenos e nenas poden ver e escoitar o río

dende as súas casas.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CAMBIAMOS DE CONTA!!!

Pois sí. Por motivos técnicos e para dar máis coherencia o proxecto no que andamos argallando, cambiamos a direccion e o nome do noso blog; pero tranquilos... Só é un cambio de nome. O demáis segue igual aínda que con algúnhas melloras como a barra de video sincronizada co noso canal de youtube; novas entradas; videos máis "currados";...
















Non volo perdades!!! 


Só hai que facer click na nova dirección www.osollosdominhoproducions.blogspot.com






Tamén podedes visitarnos no noso canal de youtube: www.youtube.com/user/ollosdominho 






ou en






Myspace, no que poderás escoitar as cancións grabadas na Aula I9: www.myspace.com/Aula_i9







Desculpade as molestias e a pasalo ben!!!

viernes, 7 de octubre de 2011

EVA CARRERAS AXUDANOS NUNHA OPERACION DE MOITO TRIUNFO

O mércores 3 de maio os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Primaria recibiron unha visita moi especial. E é que a ex concursante de Operación Triunfo 3, Eva Carreras, achegouse ao noso cole para charlar cos nenos/as sobre as súas experiencias  no famoso programa da tv (experiencias que non sempre foron boas) Ademáis, e aproveitando que actualmente a cantante comparte grupo co profe de música (Mel de Meiga, coñecido ata fai pouco como Mutenrohi) e que están a grabar o seu último disco; animáronse a tocar dous dos temas que formarán parte do cd que levará por título Crecente. 
Promocións aparté, foi una maña moi divertida e musical, que rematou con Eva grabando as voces do Nadal de Luintra, para o disco que estamos a preparar no 3º ciclo. E é que todavía quedan artistas humildes que prefiren pasar a maña en compaña de amigos  que de paparazzis e pseudoperiodistas. 

MOITAS GRAZAS EVA, QUE GRANDE ERES, E QUE POCO OCUPAS!!!!









GRACIAS EVA

miércoles, 15 de junio de 2011

EXCURSIÓN A MADRID 2011

E e que este ano os rapaces e rapazas de 6º de Primaria, marchamos de excursión de fin de etapa a Madrid. Para elo, e durante todo o ano estivemos recaudando cartos de distintas formas: Primeiro inundamos o concello con rosquillas que nos distribuía a Confitería Ancla de Ponteareas. Así, relixiosamente, todos os venres deixábanos unha caixa no Resero en A Cañiza (aos que lle debemos todo o noso agradecemento)  Despois comezamos coa campaña das rifas de Navidade e coa venta de prantas, coordinada polos pais e nais, aos que lles damos as grazas por todo o que se moveron.



E a guinda final do pastel, foi un pequeno festival (Rock in Crecente) que organizou o director D. Amador, que nos axudou, con moitísima paciencia, a preparar unha obra de teatro de bastante nivel: "Os apuros dun zapateiro".  Seguiu a actuación da coral , que interpreto con maestría unha selección de temas de diversas culturas. Pechou o festival o grupo de Ourense "Los amigos de lo Ajeno", co que incluso puidemos participar. 




E xa, por fin, o día 23 de Maio "embarcamos" rumbo a Madrid, acompañados polo noso titor, o profe Jorge e Enrique, o conductor.Primeira parada turística, Segovia, a visitar o acueducto, o centro histórico e a catedral. Que bonita é Segovia!!!Volta ao bus, dirección ao hotel en Guadalajara. Chegamos á tardiña e ese día xa non saimos, polo que non tivemos máis remedio que facer festa nas habitacións, pero suave...O martes estivemos todo o día en Madrid. Comezamos visitando o Palacio e o Teatro Reais, así como as calles peatonais do centro da capital, ata a Praza Maior. De ahí a Sol, a visitar aos indignados. Eso sí é unha acampada. Continuamos pola Gran Vía ata a praza de Cibeles e o Congreso dos Diputados, foto obrigada cos leóns, e a comer. Despois un pouquiño de descanso no Retiro, pasando antes polo Xardín Botánico e o Museo do Prado, e volta a camiñar ata a Porta de Alcalá, Praza Colón e o barrio de Salamanca onde fixemos un descansiño nun Starbucks. Despois collimos o metro ata o Santigo Bernabeu onde nos recolleu Enrique para levarnos ao hotel. Esa noite durmimos como liróns.Ao día seguinte visitamos o Zoo da Casa de Campo. Impresionantes os osos panda, ainda que non foron os únicos protagonistas: koalas, osos, monos e ata serpes e insectos de todo tipo. Tamén puidemos ver un espectáculo de delfíns, e o Aquarium, onde teñen peixes de todo tipo; e ata un tiburón branco. Ese día chegamos pronto a Guadalajara, polo que aproveitamos para visitala. A verdade é que é unha cidade moi bonita, con moitos parques e algún que outro monumento, como o Infantado.O xoves foi sen dubida o día máis emocionante. E é que visitábamos o parque de atraccións. Pero antes paramos noutro pobo moi bonito, onde visitamos a casa do máis importante escritor da Literatura Universal, e a que nun principio fora a Universidade Complutense. Por suposto estamos a falar de Alcalá de Henares. E de ahí ao parque na Casa de Campo. Montañas Rusas, balancíns xigantes, caída libre, ...; todo un subidón de adrenalina, e algún que outro mareo. E xa o venres, recoller todo para voltar ás nosas casas. Antes paramos no Monasterio do Escorial. Alí púxose a diluviar e tivemos que refuxiarnos nunha cafetería da zona.  Cando amainó dirixímonos á estación de buses onde Enrique nos estaba agardando. E xa, por fin, emprendimos a viaxe de volta, con moita tristeza, pero con gañas de ver ás nosas familias e amigos, que nos agardaban cun sorriso nos beizos cando chegamos ao cole. A TODOS E TODAS QUE NOS AXUDASTEDES A FACER ESTA VIAXE REALIDADE: MOITAS GRAZAS   


domingo, 5 de junio de 2011

UN POWER POINT MOI PREHISTÓRICO

Deixamos o powerpoint que traballaron os nosos "cavernícolas"  de infantil (no bo sentido da palabra)

QUE O DISFRUTEDES!!!!


























jueves, 2 de junio de 2011

Menuda montamos este ano polo día da Paz!!!! Cancións, poemas, murais, globos,.... Todo vale para celebrar este día tan importante, que nesta ocasión adicamos á loita contra todo tipo de maltrato (físico e psicolóxico) en tódolos ámbitos (fogar, escola, traballo, aos animais) Como dixo alguén fai tempo: VIVE E DEIXA VIVIR
Un manifesto feito polos rapaces e rapazas de 6º, un tema de Amaral (Salir corriendo), unha estampida de globos con mensaxes alusivos á paz, e coa dirección deste blog para recibir resposta, son as actividades plantexadas nesta xornada, baixo a cuberta dun gran arco da vella plasmado nun mural, onde cada cor representa un tipo de maltrato que hai que atallar.


Deixámosvos a poesía-manifesto que limos durante o acto e algunha fotos do mesmo:

                     SETE CORES COMA SETE DÍAS,  SETE MARES

No mundo do maltrato
poñamos o Arco da Vella
que firme un contrato
que brile coma unha estrela
repartindo paz no mundo
con gran amor profundo.


Sete son as  súas cores                                                      
coma sete os días da semana                                                 
para repartir mil amores
entre todos de moi boa gaña





Representamos co violeta
o maltrato aos animais
respectalos e a nosa meta
queirámolos sen máis.


A seguinte cor e o añil
a cor suave do ceo
representa o maltrato infantil
hai que paralo de cheo

Azul é a cor seguinte
respectemos a discapacidade
e preciso e convinte
para unha plena igualdade.


non maltrates á natureza
é fraxil coma unha flor                                                    
trátaa con delicadeza.

Outra cor é o amarelo
respecta as diferenzas
das distintas cores de pel e cabelo
respecta as razas a conciencia

No mundo hai moitas relixións
pintaas todas de laranxa
que entre todas haxa unión
e así outro mal se arranxa

Fagamos stop coa cor vermella
a outro tipo de maltrato
dase dentro das parellas
non lle fagas pasar un mal rato

                                                 Sete son as cores
                                   como sete son os mares
                                   Que a pomba reparta flores
                                   por todos os lugares








lástima de poste da luz



domingo, 29 de mayo de 2011

AS PINTURAS RUPESTRES ABONDAN EN CRECENTE

E é que temos unha boa panda de "cavernícolas" (no mellor sentido da palabra) no cole de Crecente, dispostos a competir cos pintores das covas de Altamira. Animais do paleolítico, símbolos máis vellos que o propio Matusalen,...; estes artístas non teñen límite. Achégate ao cole e poderás viaxar atrás no tempo, a unha época na que os homes e mulleres vivían en cavernas, tiñan que cazar e recolectar froitos para sobrevivir e, por enriba de todo, todavía podían... PINTAR NAS PAREDES!!!  


























sábado, 2 de abril de 2011

O DESFILE DO ENTROIDO DÁ PARA MOITO

E é que vivimos unha xornada un pouco axetreada. Primeiro a inauguración da pista deportiva con foto no xornal incluida. A continuación o prato forte do día co desfile no que os nosos nenos e nenas puideron lucir os traxes confeccionados nas últimas semanas polas titoras; con paradas na residencia da terceira idade (hai que ver o que lles presta os nosos maiores), e na praza do concello; e volta para o cole que xa é  hora de xantar e agárdanos unha tarde de proxeccións e bailes. E é que polo entroido, non hai festa dabondo