CRECENTE

O noso centro está situado no concello de Crecente, nunha

comarca chamada A Paradanta. Este concello está formado por

pequenas parroquias como Albeos, Angudes, Filgueira, Freixo,

Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle, Vilar, Crecente e

Ameixeira. Algunhas delas están pegadiñas ao río Miño, de

maneira que moitos nenos e nenas poden ver e escoitar o río

dende as súas casas.

viernes, 4 de febrero de 2011

O NOSO CONCELLO (presentación)

No noso concello temos moitas cousas para ver e facer:



-temos restos arqueolóxicos como os castros de A Cidá, Sendelle, Os Leiros,...;


Castro de A Cidá


-temos tamén moitas igrexas e capelas de gran valor e beleza como a Capela de San Xosé, a de Santa Marta ou os restos do mosteiro de San Paio; e pazos como o de Fraga ou o de Barreiro;...




-non podemos esquecer o río, e as paisaxes tan belas que vai formando ao seu paso; e que poderemos ver gracias ao catamarán de Frieira.







Embalse da Frieira


No hay comentarios:

Publicar un comentario