Moitos de vós, os máis maiorciños sobre todo, lembraredes esceas tan míticas e divertidas como a de Chaplin, convertido nunha réplica adorable de Hitler (que xa é difícil), xogando cun mundo inflable como se fora un neno con zapatos novos; ou lembraredes a Groucho Marx e a súa "parte contratante de la primera parte será considerada como la parte contratante de la primera parte...". Son momentos inolvidables da historia do cine que encheron de risas moitas noites da nosa mocidade. Por desgraza, hoxe en día, a maior parte dos nenos e nenas non saben quen son os irmáns Marx; nunca viron os bailes accidentados de Charlot; e consideran que o cine en branco e negro e "prehistórico". Grasso erro, xa que, como compobaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º a través deste "I Ciclo de Cine Clásico e Desenfadado", hai películas que nunca, nunca pasarán de moda.
Discurso de Chaplin en "O gran dictador"
Chaplin xogando co mundo en "O gran dictador"
Groucho y Chico Marx nunha das esceas máis famosas da historia
Unha Noite na Ópera
Demasiada xente para un camarote tan pequeno
Unha Noite na Ópera
O oeste segundo os irmáns Marx
Sen esquecer eses momentos musicais...
Chaplin, máis Charlot que nunca
Tiempos Modernos
Chico, eso sí que é ter dedos de goma
Harpo Marx, aínda que non fale, ten moito que decir.
Chaplin, o barbeiro con máis ritmo
O gran dictador
Por suposto, son moitas esceas xeniais destos artistas que merece a pena lembar, aínda que todavía non viramos as pelis
Chaplin, de mozo ou de vello, sempre xenial.
A quimeira de Ouro
O espello máxico dos Marx
Sopa de Ganso
Chico e Harpo Marx volven tolo a un pbre vendedor
Sopa de Ganso
E moitas, moitas outras que iremos colgando a medida que vaian xurdindo
ADEMÁIS DA EXPOCABAZA 2010, ESTE ANO POLO SAMAÍN PREPARAMOS TAMÉN UN "CONTO TERRORÍFICO". ESCENIFICADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA, METEU A MÁIS DUN O MEDO NO CORPO.
Como tódolos anos, e xa van uns cantos, os nenos e nenas do cole, celebramos o Nadal cun festival cheo de actuacións moi fermosas. Cancións, obras de teatro, playbacks montados integramente polos rapaces e rapazas (máis polas rapazas, todo hai que dicilo),..., todo vale para darlle a benvida ó Nadal. Este ano foron os alumnos de 6º de Primaria os que levaron á batuta no que se refire as presentacións, axuda de escenario e co equipo de son (unha das novidades deste ano). Entre as actuacións cabe destacar a obra de teatro montada polos alumnos e alumnas de 3º de Primaria, e que leva por título "Cando comezará a escola". Sen esquecer os máis pequeniños, os de Infantil, que cantaron unha panxoliña titulada "Buscando Papá Noel..."; e mesmo se atreveron a bailar unha danza con unhas cantas palmiñas e muiños cara un lado e cara outro!!! Por suposto, houbo panxoliñas para tódolos gustos (ata en francés!!!); poesías, playbacke; e unha humilde pero sentida homenaxe ao ídolo do rock John Lenon, polo aniversario da sua triste morte, por parte dos nenos e nenas de 5º e 6º, que fixeron unha fermosa versión de "Hey Jude". E para rematar duas actuacións de luxo: por unha parte Uxía, Nerea e máis o profe de música puxeron o toque folk cunha peza para acordeón, tamboril e guitarra (estas rapazas van chegar moi alto); e por otra parte dou antigos alumnos do centro (Ivo e María) fixeronnos o favor de tocar un tema coa súa banda de rock. Está claro que no Manuel Sieiro de Crecente.... hai canteira!!!!!
O 15 de Decembro recibimos unha visita moi especial. A compañía de teatro Limiar achegouse ata o centro para ofrecernos a representación da obra "Os catro da Xunqueira".
Catro amigos (Can, Gata, Galo e Vello) deciden formar un grupo de rock e ofrecer un concerto na Xunqueira, na mesma casa na que o vello ensaiaba cando era xove, e que agora está en perigo de ser derruida.
A obra, que durou algo máis dunha hora, resultou moi entretida e participativa, unindo música, monicreques, malabares e xogos circenses. Ademáis cabe destacar os valores que transmite basados na defensa e coidado, en xeral, do noso patrimonio cultural e social; e, en particular do medio rural, dos nosos pobos, aldeas, oficios e tradicións.
O resultado: moitas risas, algún que outro susto en Infantil, e unha gran admiración e agradecemento a este grupo de artistas.
Aínda que o Magosto deste ano veu pasado por auga, non faltaron as ricas castañas asadas polos nenos e nenas de 6º, que recollimos en cestiños para podelas zampar máis a gusto; nin as coplas que os rapaces e rapazas dedicaron a este "froito do outono". Algunhas delas foron:
Na finca de Alvariño faise o magosto magostiño os vellos e as vellas bailan pegadiños despois de beber cinco botellas de viño.
O lobo foi o magosto o magosto, magostiño saltou mal a fogata e queimou todo o fuciño.
Que ricas as castañas!!!! que fantástico magosto!!! tiñamos que celebralo incluso no mes de Agosto.
Como que a castaña sae de ourizo que no magosto ademáis de castañas, pan e chourizo.
Querida castaña raíña de outono cocida, crua ou asada ven aquí que te como!!!
A castaña, o mellor da mesa ainda que sexa con mahionesa ou con esencia de fresa, tan certo como me chamo Vanesa.
Os nenos e nenas de Infantil cos "cestos" para as castañas
Para rematar deixámosvos un vídeo do I Festival de Coplas do cole de Crecente. Desculpas pola calidade pero..., é o que hai!!! Pouco a pouco iremos mellorando, prometido.
COMO TÓDOLOSANOS, E XA COMEZA A SER UNHA TRADICIÓN, ORGANIZAMOS CON MOTIVO DO DÍA DE SAMAÍN, UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS (EXPOCABAZA 2010). OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPARON PRESENTARON AS SÚAS CABAZAS CUNS DISEÑOS CADA VEZ MÁIS ELABORADOS E DIVERTIDOS (BRUXAS, ARAÑAS-CABACEIRAS, PIRATAS, ETC). DISFRUTADE COAS SEGUINTES FOTOS
No noso concello temos moitas cousas para ver e facer:
-temos restos arqueolóxicos como os castros de A Cidá, Sendelle, Os Leiros,...;
Castro de A Cidá
-temos tamén moitas igrexas e capelas de gran valor e beleza como a Capela de San Xosé, a de Santa Marta ou os restos do mosteiro de San Paio; e pazos como o de Fraga ou o de Barreiro;...
-non podemos esquecer o río, e as paisaxes tan belas que vai formando ao seu paso; e que poderemos ver gracias ao catamarán de Frieira.