E é que vivimos unha xornada un pouco axetreada. Primeiro a inauguración da pista deportiva con foto no xornal incluida. A continuación o prato forte do día co desfile no que os nosos nenos e nenas puideron lucir os traxes confeccionados nas últimas semanas polas titoras; con paradas na residencia da terceira idade (hai que ver o que lles presta os nosos maiores), e na praza do concello; e volta para o cole que xa é hora de xantar e agárdanos unha tarde de proxeccións e bailes. E é que polo entroido, non hai festa dabondo
CRECENTE
O noso centro está situado no concello de Crecente, nunha
comarca chamada A Paradanta. Este concello está formado por
pequenas parroquias como Albeos, Angudes, Filgueira, Freixo,
Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle, Vilar, Crecente e
Ameixeira. Algunhas delas están pegadiñas ao río Miño, de
maneira que moitos nenos e nenas poden ver e escoitar o río
dende as súas casas.

sábado, 2 de abril de 2011
domingo, 20 de marzo de 2011
O ENTROIDO MÁIS DOCE
E xa chegou o entroido ao Ceip Manuel Sieiro: máscaras, bo rollo e moitísimos doces. E é que este ano repetimos a actividade das "Sobremesas do Entroido", na que cada neno/a colabora achegando un postre típico destas datas. Filloas, biscoitos, tartas, etc, feitas polas nosas nais, pais, avoas,...; estiveron primeiro expostas no salón de actos antes de que pasaran a encher os bandullos de nenos, nenas, profes e todo aquel que se achegou polo cole esa semana .
Feliz entroido e BON APPÉTIT
Feliz entroido e BON APPÉTIT
Suscribirse a:
Entradas (Atom)