CRECENTE

O noso centro está situado no concello de Crecente, nunha

comarca chamada A Paradanta. Este concello está formado por

pequenas parroquias como Albeos, Angudes, Filgueira, Freixo,

Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle, Vilar, Crecente e

Ameixeira. Algunhas delas están pegadiñas ao río Miño, de

maneira que moitos nenos e nenas poden ver e escoitar o río

dende as súas casas.

domingo, 20 de marzo de 2011

O ENTROIDO MÁIS DOCE

E xa chegou o entroido ao Ceip Manuel Sieiro: máscaras, bo rollo e moitísimos doces. E é que este ano repetimos a actividade das "Sobremesas do Entroido", na que cada neno/a colabora achegando un postre típico destas datas. Filloas, biscoitos, tartas, etc, feitas polas nosas nais, pais, avoas,...; estiveron primeiro expostas no salón de actos antes de que pasaran a encher os bandullos de nenos, nenas, profes e todo aquel que se  achegou polo cole esa semana .

Feliz entroido e BON APPÉTIT